Logo Xeoparque Unesco
ES  EN

Comer e durmir

Necesitas un restaurante ou aloxamento?

Comer e durmir no Xeoparque

Se tes previsto visitar o Xeoparque e buscas un lugar onde durmir a continuación atoparás unha relación de aloxamentos de todas as categorías para poder organizar a túa viaxe e desfrutar dos entornos naturais e da tranquilidade que ofrece este territorio. Dende hostais, hoteis, aloxamentos rurais ata áreas para autocaravanas, en función da programación da túa viaxe atoparás unha ampla oferta de aloxamento por todo o territorio.

No seguinte mapa tamén atoparás a oferta de restauración do Xeoparque Cabo Ortegal, con alternativas para todos os gustos e petos. Bótalle unha ollada antes de programar á túa viaxe e non deixes de probar a gastronomía típica de cada zona como os produtos do mar, pescados e mariscos, da terra, produtos da horta e por suposto, a ampla variedade de postres. Destacar algúns platos e produtos como a Chanfaina de Cerdido, o queixo de “tetilla” D.O.P de Moeche, o pastelón de Cedeira, as conservas de produtos do mar, mel….

Sitio implementado por GNOMIOAviso LegalPolítica de Cookies