Se estás pensando en visitar o Xeoparque e non sabes como organizar as túas visitas, a continuación propoñémosche varios itinerarios autoguiados. Incluso podes combinar varios deles, podendo así coñecer de primeira man a maior parte dos nosos tesouros paisaxísticos, naturais e culturais. Antes de saír rumbo ás aventuras que che propoñemos, non esquezas levar contigo roupa e calzado adecuados para os itinerarios segundo a meteoroloxía (en lugares como a Serra dá Capelada pode facer moito vento e cambiar de súpeto), así como auga, algo que botar á boca se che entra apetito, a cámara de fotos e… moita curiosidade por saber máis acerca de canto vaias atopando!