Logo Xeoparque Unesco
ES  EN

Arte mural

Arte urbana

Poñendo en valor o territorio
a través da arte

O programa de intervencións de arte urbán do Xeoparque Cabo Ortegal comeza no ano 2022, promovido pola Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal co financiamento da Deputación da Coruña, para poñer en valor os principais recursos do territorio a través da arte. Os primeiros murais leváronse a cabo nos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cerdido e San Sadurniño, continuando en 2023 nos de Cariño, Ortigueira e Moeche, con temáticas variadas pero cun nexo de unión: os atributos do Xeoparque.

Contouse coa participación de muralistas de talla nacional e con artistas locais, comprometidas e comprometidos con amosar algúns dos lugares, oficios e tradicións máis singulares deste territorio.

A pintura mural caracterízase por empregar como soporte un muro ou parede, buscando otorgar a ese emprazamento un valor artístico. Este tipo de representacións están condicionadas polas características e dimensións do soporte, así como das características arquitectónicas da propia edificación, o que engade un plus de dificultade e orixinalidade. As técnicas empregadas varían en función das e dos artistas, empregando aerosoles e pinturas acrílicas de distintas características.

Mural Cedeira

Título/temática: Moito máis que unha paisaxe Artista: Nove Noel Ubicación:...

Ler+

Mural Cerdido

Título/temática: A Fraga dos Casás Artista: Íria Fafián Ubicación: https://maps.app.goo.gl/1K5BcL14H8Zx6cai6...

Ler+

Mural Moeche

Título/temática: Os gorrións perseguirán aos falcóns Artista: Miguel Peralta (Cestola...

Ler+

Mural Valdoviño

Título/temática: A ollo de parrulo Artista: Doctor Toy Ubicación: https://maps.app.goo.gl/YS274pzESZJgApit9...

Ler+

Mural Cariño

Título/temática: Cariño e o mar Artista: Carmen Rodríguez López Ubicación:...

Ler+

Sitio implementado por GNOMIOAviso LegalPolítica de Cookies