Esta fin de semana comeza unha nova quenda de actividades nos camiños de Santo André de Teixido. As persoas asistentes poderán mergullarse na natureza, cultura e espiritualidade do Xeoparque nas experiencias que se desenvolverán desde o 24 de outubro ata o 9 de novembro.
As actividades son gratuítas, previa inscrición facendo clic aquí.
Consulta o programa completo:
- Sabores e Pegadas do Camiño Vello (25/10, 01/11, 08/11): ruta dende Loira a Porto do Cabo, con degustación de caldo e demostración de cerámica tradicional.
- Camiño Vello a Santo André (24/10, 02/11, 09/11): itinerario patrimonial con interpretación xeolóxica o día 24/10 e visitas guiadas en Santo André o 2 e 9 de novembro.
- Entre Castelos e Rochas no camiño a Santo André (25/10, 01/11, 08/11): de Naraío a Moeche, historia irmandiña, Xeoparque e degustación de produtos locais de A Fusquenlla.
- Camiño Real dende Santo Adrián (24/10, 31/10, 07/11): percorrido histórico co Castelo do Casón e interpretación xeolóxica en Teixidelo (os días 31/10 e 07/11)
- Cantís, flora e aves (25/10, 01/11, 08/11): dende Herbeira a Santo André, aves e flora únicas; o 1/11, visita especial polas lendas da Santa Compaña.
Estas actuacións están promovidas pola Deputación de Coruña no marco do PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal. Fondos NEXTGENERATIONEU