Na contorna da coñecida Fraga dos Casás se atopan varios afloramentos de rochas negras e verdosas, especialmente nos Cotos da Pena, O Covelo, Casanova e Ermo. Todos eles interprétanse como os restos dun antigo océano -o océano Rheico– que existiu hai máis de 400 millóns de anos e que posteriormente, hai arredor de 350 m.a., desaparecería como consecuencia do grande choque entre Laurussia e Gondwana, os dous continentes primitivos que acabarían integrándose no supercontinente Panxea.
O val do río Mera é sen dúbida o elemento morfolóxico máis visible na paisaxe, orixinado no último millón de anos da historia do noso planeta. O seu forte encaixonamento débese a que o seu nacemento está moi próximo a súa desembocadura e, en consecuencia, ten que salvar case 700 metros de desnivel en pouco máis de 20 quilómetros.