Resultado provisional do proceso de selección dunha praza de xerente da asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal

Infórmase de que, logo da realización da entrevista correspondente á derradeira fase do proceso de selección para a cobertura dunha praza de Xerente da Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, que tivo lugar o pasado 22 de abril de 2025, publícase a puntuación final das persoas candidatas.

Segundo se recolle nas bases reguladoras do proceso, ábrese un prazo de tres días naturais para a presentación de alegacións, contados a partir do día seguinte ao da publicación oficial.

🔗 A información completa pode consultarse na sede electrónica do Concello de Cedeira, no seguinte enlace:
👉 Acceder ao anuncio oficial

Para calquera dúbida, poden contactar coa Asociación a través dos medios habituais.