Logo Xeoparque Unesco

O Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal, oferta dúas prazas de persoal propio

O Xeoparque Unesco Cabo Ortegal ven de iniciar o proceso de selección de dous postos de traballo ofertados pola asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal. Segundo as bases publicadas, os perfís a cubrir son os de xerencia e o de xeólogo/a, sendo necesario presentar a solicitude xunta coa documentación esixida a través da Sede Electrónica do concello de Cedeira. As persoas interesadas en participar nestes procesos selectivos só poderán presentar as súas instancias vía telemática, a través da Sede Electrónica do Concello de Cedeira.

No caso do posto de Xerencia,  requírese unha persoa altamente cualificada, con experiencia en xestión, capacidade de planificación e organización, capacidade analítica e conceptual, gran sentido da responsabilidade e que estea afeita a traballar en equipo. Para o posto de Xeólogo/a, tal e como recollen as bases reguladoras, ademais esíxese unha persoa altamente cualificada con experiencia na divulgación científica. En ambos casos, é imprescindible o coñecemento dos idiomas galego e inglés, así como ter dispoñibilidade para viaxar.

O sistema de selección para ambos postos constará de catro fases: concurso de méritos, exame con preguntas de resposta curta sobre o temario establecido nas bases, entrevista persoal e, se fora o caso, acreditación de idiomas (galego a inglés).

Estas convocatorias responden á necesidade da creación dunha oficina técnica con persoal propio, conforme os estatutos da Asociación e o compromiso adquirido e ratificado en sendas reunións da Xunta Directiva.

Bases reguladoras:

Sitio implementado por GNOMIOAviso LegalPolítica de Cookies