O Xeoparque Cabo Ortegal convértese no paraíso do turismo activo esta Semana Santa

O Xeoparque Cabo Ortegal contará esta Semana Santa cun amplo catálogo de actividades de turismo activo. A proposta comeza este sábado, 28 de marzo, e desenvolverase durante un total de nove días ata o próximo domingo, 5 de abril.
As actividades están adaptadas a todo tipo de públicos, sempre respectando os valores de sostibilidade e respecto coa contorna promovidos desde o Xeoparque Cabo Ortegal. As persoas interesadas deberán reservar a súa praza previamente a través do sitio web geoviajesortegal.com e consultar os detalles especificados para cada unha das iniciativas.
As experiencias están coidadosamente deseñadas para que as persoas visitantes poidan achegarse ao territorio do xeoparque e coñecer o seu patrimonio natural, histórico e cultural dun xeito único e atractivo, mentres realizan deporte ao aire libre. Deste xeito, os e as visitantes poderán realizar diferentes rutas de sendeirismo a pé ou a cabalo, e tamén descubrir a vía ferrata da Senda do Santo.
Programa completo:

  • Sábado 28/03: XeoRuta do Toelo en Moeche
  • Domingo 29/03: Ruta Cal da Loba a cabalo
  • Luns 30/03: Vía Ferrata Senda do Santo
  • Martes 31/03: Ruta Acantilados de Loiba e Ribeira do Carro
  • Mércores 01/04: Sendeiro das Ferrerías en Valdoviño
  • Xoves 02/04: Altos de Santo André entre flora, fauna e xeoloxía
  • Venres 03/04: Unha viaxe mariñeira en Cedeira
  • Sábado 04/04: Ruta ecuestra de Meirás
  • Domingo 05/04: XeoRuta da Lousa en San Sadurniño

Actuación promovida pola Deputación da Coruña no marco do PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal. Fondos NEXTGENERATIONEU