O Xeoparque Cabo Ortegal está de aniversario. Cúmprense dous anos desde o recoñecemento oficial como Xeoparque Mundial da UNESCO, un fito que converteu este territorio no segundo Xeoparque galego e no único da Península Ibérica en acadar esta distinción no ano 2023. Para celebralo, e coincidindo coa IX Semana dos Xeoparques Europeos, a Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal presenta unha ampla programación de actividades gratuítas que se celebrarán entre o 24 de maio e o 1 de xuño.
Durante nove días, o territorio dos sete concellos que integran o Xeoparque —Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño— converterase nun espazo para a divulgación científica, a conexión coa natureza e a posta en valor do seu excepcional patrimonio xeolóxico.
Rutas, visitas guiadas e experiencias para todos os públicos
O programa da IX Semana dos Xeoparques Europeos inclúe propostas para todo tipo de público. Entre as actividades destacadas atópanse rutas en barco pola costa e os cantís, con itinerarios que permiten descubrir a reserva mariña, a Vixía de Herbeira ou o Cabo Ortegal desde o mar. Tamén haberá numerosas rutas de sendeirismo interpretativo polos lugares máis emblemáticos do Xeoparque: o “rastro do lobo”, Pico Vela, Coto da Miranda, Altos de San Andrés, A Fraga dos Casás, os Cantís de Loiba, entre outros.
As persoas máis aventureiras poderán participar na vía ferrata Senda do Santo, unha experiencia que inclúe pontes colgantes, un tramo K4 e unha tirolina de 45 metros. Tamén se organizan rutas a cabalo por espazos de gran beleza como o Paseo do Río Mera ou o camiño real da Cal da Loba.
As visitas guiadas achegarán ao público a lugares emblemáticos como San Andrés de Teixido, o centro urbano e costa de Cedeira, o Museo Océano Surf de Valdoviño ou o Castelo de Moeche
Actividades infantís e ciencia para aprender en familia
A programación inclúe unha sección especial para público infantil, con propostas como os obradoiros e actividades no Museo Mares de Cedeira (aventura mariña, manualidades, slime temático…), os Xeobradoiros sobre as areas e minerais do Xeoparque ou a actividade «Pequeexploradores», un roteiro didáctico con taller de pegadas para facer en familia
Tamén haberá espazo para a divulgación científica. O comité científico do Xeoparque ofrecerá dúas charlas online en directo:
- Luns 26 de maio ás 12:00 h: José Ignacio Gil, xeólogo da Universidade do País Vasco.
- Xoves 29 de maio ás 12:00 h: Luis Somoza, xeólogo mariño do IGME-CSIC.
Inscricións a través da web
Todas as actividades son gratuítas e con prazas limitadas, polo que será preciso realizar inscrición previa a través da web oficial: https://xeoparquecaboortegal.gal. Desde a Asociación lémbrase a necesidade de atender aos consellos de cada unha das actividades, especialmente no que ten a ver coa roupa e calzado axeitados, ou á necesidade de levar auga, algo para picar, gorra e protección solar.
Colaboración da Deputación da Coruña
Esta programación é posible grazas á colaboración da Deputación da Coruña, que apoia este proxecto desde os seus inicios. A Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal —formada polos sete concellos que integran o territorio— liderou un proceso de candidatura que se iniciou en 2018 e culminou con éxito en 2023, despois dunha exhaustiva avaliación internacional da UNESCO.
O Xeoparque Cabo Ortegal consolídase así como un referente de divulgación, conservación e desenvolvemento sostible, celebrando o seu aniversario cunha proposta aberta a toda a cidadanía.
—
El Geoparque Cabo Ortegal celebra su segundo aniversario como Geoparque Mundial de la UNESCO con una intensa programación de actividades gratuitas
El Geoparque Mundial de la UNESCO Cabo Ortegal está de aniversario. Se cumplen dos años desde su reconocimiento oficial por parte de la UNESCO, un hito que convirtió a este territorio en el segundo geoparque gallego y en el único de la Península Ibérica en obtener esta distinción en el año 2023. Para celebrarlo, y coincidiendo con la IX Semana de los Geoparques Europeos, la Asociación para la Gestión del Geoparque Cabo Ortegal presenta una amplia programación de actividades gratuitas que se celebrarán del 24 de mayo al 1 de junio.
Durante nueve días, los siete municipios que integran el geoparque —Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño y Valdoviño— se convertirán en un espacio para la divulgación científica, la conexión con la naturaleza y la puesta en valor de su excepcional patrimonio geológico.
Rutas, visitas guiadas y experiencias para todos los públicos
El programa de la IX Semana de los Geoparques Europeos incluye propuestas para todo tipo de públicos. Entre las actividades destacadas se encuentran rutas en barco por la costa y los acantilados, con itinerarios que permiten descubrir la reserva marina, la Vixía de Herbeira o el cabo Ortegal desde el mar. También habrá numerosas rutas de senderismo interpretativo por algunos de los lugares más emblemáticos del Geoparque: la ruta del lobo, el Pico Vela, el Coto da Miranda, los Altos de San Andrés, la Fraga dos Casás, los acantilados de Loiba, entre otros.
Los más aventureros podrán participar en la vía ferrata Senda do Santo, una experiencia que incluye puentes colgantes, un tramo K4 y una tirolina de 45 metros. También se organizan rutas a caballo por paisajes de gran belleza como el Paseo del Río Mera o el camino real de Cal da Loba.
Las visitas guiadas permitirán conocer lugares como San Andrés de Teixido, el núcleo urbano y la costa de Cedeira, o el Museo Océano Surf de Valdoviño.
Actividades infantiles y ciencia para aprender en familia
La programación incluye una sección especial para público infantil, con propuestas como los talleres y actividades del Museo Mares de Cedeira (aventura marina, manualidades, slime temático…), los geotalleres sobre las arenas y minerales del geoparque, o la actividad «Pequeexploradores», una ruta didáctica con taller de huellas.
También habrá espacio para la divulgación científica. El comité científico del Geoparque ofrecerá dos charlas online en directo:
- Lunes 27 de mayo a las 12:00 h: José Ignacio Gil, geólogo de la Universidad del País Vasco.
- Jueves 30 de mayo a las 12:00 h: Luis Somoza, geólogo marino del IGME-CSIC.
Inscripción a través de la web
Todas las actividades son gratuitas y con plazas limitadas, por lo que será necesario inscribirse previamente a través de la web oficial: https://xeoparquecaboortegal.gal. Se recomienda llevar ropa y calzado cómodos, agua, algo para picar, gorra y, sobre todo, muchas ganas de aprender y disfrutar de la naturaleza.
Colaboración de la Deputación da Coruña
Esta programación es posible gracias a la colaboración de la Deputación da Coruña, que apoya este proyecto desde sus inicios. La Asociación para la Gestión del Geoparque Cabo Ortegal —formada por los siete municipios del territorio— lideró un proceso de candidatura que comenzó en 2018 y culminó con éxito en 2023, tras una exhaustiva evaluación internacional de la UNESCO.
El Geoparque Cabo Ortegal se consolida así como un referente de divulgación, conservación y desarrollo sostenible, celebrando su aniversario con una propuesta abierta a toda la ciudadanía.
—
Cabo Ortegal UNESCO Global Geopark celebrates its second anniversary with a full programme of free activities
Cabo Ortegal UNESCO Global Geopark is celebrating its second anniversary. Two years have passed since UNESCO officially granted this recognition, making it the second geopark in Galicia and the only one on the Iberian Peninsula to receive the distinction in 2023. To mark the occasion, and as part of the 9th European Geoparks Week, the Geopark Management Association has put together a wide-ranging programme of free activities from 24 May to 1 June.
For nine days, the seven municipalities that make up the Geopark —Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño and Valdoviño— will host events promoting science, nature connection and the area’s remarkable geological legacy.
Guided tours, hiking, and outdoor adventures for all ages
The programme offers something for everyone. Highlights include boat tours along the coastline and cliffs, offering views of the marine reserve, Vixía de Herbeira and Cabo Ortegal. There will also be a wide selection of interpretive hiking routes through iconic locations such as the Wolf’s Trail, Pico Vela, Coto da Miranda, the cliffs of Loiba and many more.
Adventure seekers can experience the Senda do Santo via ferrata, featuring hanging bridges, a K4 segment, and a 45-metre zip line. The schedule also includes horseback rides through scenic areas such as the Mera River trail or the historic Cal da Loba path.
Guided walking tours will take visitors to cultural and natural sites such as San Andrés de Teixido, the town and coast of Cedeira, and the Océano Surf Museum in Valdoviño.
Kids’ workshops and family science fun
Children and families will enjoy a dedicated programme including activities at the Mares de Cedeira Museum (marine storytelling, crafts, pirate adventure, underwater-themed slime), geo-workshops about local sand and minerals, and the “Little Explorers” experience — a guided walk and nature print workshop.
The scientific committee of the Geopark will also host two live online talks:
- Monday 26 May at 12:00 h (CET): José Ignacio Gil, geologist from the University of the Basque Country.
- Thursday 29 May at 12:00 h (CET): Luis Somoza, marine geologist and senior researcher at IGME-CSIC.
Pre-registration required
All activities are free but places are limited, so advance registration via the official website is required: https://xeoparquecaboortegal.gal. Participants are encouraged to wear comfortable shoes and clothing, bring water, a snack, a hat, and most importantly, curiosity and a desire to explore.
Support of the Deputación da Coruña
This programme is made possible thanks to the support of the Deputación da Coruña, which has backed the Geopark initiative since its early stages. The Cabo Ortegal Geopark Association —made up of the seven local councils— began its application process in 2018 and successfully earned UNESCO status in 2023 after a thorough international evaluation.
Cabo Ortegal UNESCO Global Geopark is now firmly established as a hub for scientific outreach, nature preservation and sustainable development, and it celebrates this milestone with an open invitation to the public.