A Casa da Cultura de Valdoviño acolleu o acto de clausura dos proxectos de deseño e creación de programas de actividades de xeoturismo, e dinamización e promoción do Camiño de peregrinación a Santo André de Teixido. O acto contou coas intervencións de representantes da Asociación para a xestión do Xeoparque Cabo Ortegal e o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. Ao remate do evento, as persoas participantes dispuxeron de tempo para facer networking e crear sinerxias entre elas.
Estas actuacións forman parte do PSTD Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal Ortegal teñen como obxectivo común a creación de actividades turísticas sostibles enfocadas a dous recursos singulares do territorio, a xeoloxía e o patrimonio cultural de Santo André, en colaboración con axentes locais.
O acto contou coa participación das empresas Volta Montana e Good Life que presentaron un resumo dos resultados globais das actividades que desenvolveron durante estes meses, fixeron recomendacións para futuras colaboracións e compartiron propostas de continuidade.
As actividades buscan a transformación do modelo turístico tradicional, implicando ás empresas do territorio para que establezan produtos turísticos comercializables que colaboren na transformación do destino turístico desde unha perspectiva sostible e diferenciadora, aliñada cos valores do Xeoparque Cabo Ortegal.
Actuación promovida pola Deputación da Coruña no marco do PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal. Fondos NEXTGENERATIONEU