O Proxecto do Xeoparque Cabo Ortegal: Impulsa o teu negocio turístico

A Deputación de A Coruña lanza un proxecto de formación e asesoramento para mellorar a competitividade dixital das empresas turísticas do Xeoparque Cabo Ortegal.

A Deputación de A Coruña, a través do Xeoparque Cabo Ortegal, presenta un proxecto innovador enmarcado no Plan de Sostenibilidade Turística en Destino (PSTD), co obxectivo de mellorar a visibilidade dixital das empresas turísticas locais e impulsar a súa competitividade. Este proxecto, financiado pola Unión Europea, ofrece un programa de formación e asesoramento personalizado para todos aqueles interesados en mellorar o seu posicionamento en plataformas clave como Google Travel, Google Maps, e as principais redes sociais.

O proxecto busca dotar aos participantes de ferramentas clave en SEO, publicidade online e estratexias de contido dixital, para que as empresas do territorio poidan atraer máis turistas e mellorar a súa presencia dixital. A formación está adaptada ás necesidades específicas de cada negocio, permitindo a personalización das estratexias de acordo coa tipoloxía de cada participante.

Inscrición aberta

As inscricións para participar nos talleres e recibir asesoramento personalizado xa están abertas! Este proxecto está dirixido a empresas turísticas e axentes locais que desexen mellorar a súa visibilidade online e facer crecer a súa marca no ámbito dixital. As persoas interesadas poden inscribirse de forma sinxela a través do formulario en liña. Non deixes pasar esta oportunidade única de mellorar a túa estratexia dixital e de contribuir ao desenvolvemento sostible e dixital do Xeoparque Cabo Ortegal.

Actuación promovida polo Deputación de Coruña no marco do PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal.

Para máis información e inscricións: FAI CLIC AQUÍ