- Título/temática: No curso do río Castro
- Artista: Miguel Peralta
- Ubicación: https://maps.app.goo.gl/m4CovHW9F2YFX4cz6
Son moitos os elementos que fan dun lugar un espazo único, definen a súa paisaxe e outorgan unha identidade singular. Elementos que marcan a súa historia, a súa cultura, a súa actividade e a súa propia memoria. Pequenos detalles ou grandes construcións que falan dun lugar e das súas xentes.
San Sadurniño é un municipio de interior, marcado polo transcurso dos seus ríos: o río Grande de Xubia e o río Castro. Estes van debuxando co seu percorrido a paisaxe do municipio e deixan na súa contorna elementos distintivos, que podes descubrir ao teu paso. Os animais da ribeira, a súa vexetación e pequenas fervenzas e pozas son algúns dos elementos naturais que acompañan o curso do río, pero tamén, elementos patrimoniais destacados, como o Castelo de Naraío.
Para dar vida a estes anacos da historia, tívose o luxo de contar co artista Miguel Peralta da cooperativa Cestola na cachola. A través de súa propia inmersión no territorio foi quen de retratar a esencia desta paisaxe única. O artista inspirouse en todos aqueles elementos que chamaron a súa atención no camiño, facendo unha interpretación da súa viaxe pola ribeira.
Máis información:
https://cestola.org/
https://www.instagram.com/cestolanacachola/
https://www.facebook.com/cestolanacachola/
https://www.instagram.com/elmiguelperalta/