Mural Ortigueira

 

Na entrada do concello de Ortigueira atoparemos a Saínza A Punkieteira, personaxe creada polo artista ortigueirés Cristian F. Caruncho, ligada ó Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, xunto a elementos da paisaxe local.

Xunto á muralista Lidia Cao, Cristian F. Caruncho, representa a unha das personaxes modernas máis famosas de Ortigueira, Saínza, protagonista de un libro infantil con texto de María Canosa e ilustrado polo propio Cristian. A historia de Saínza amosa a importancia de facer ver a diversidade de persoas e das distintas personalidades, en palabras da autora “é un canto á defensa do rural, das avoas, da transmisión natural da nosa cultura, do traxe de noso, da lingua e da música, da amizade e da loita incansable polas causas xustas, pola igualdade….”

Esta Saínza pandereteira fai alusión tamén ó Festival Internacional do Mundo Celta, adicado á música folk e nomeado como Festa de Interese Turístico Internacional pola súa importancia e longa traxectoria, atesourando máis de 40 anos de historia. Miles de persoas acoden cada ano ó piñeiral e a praia de Morouzos, para desfrutar de 4 días cheos de música e diversas propostas culturais, contando co tradicional desfile de bandas de gaitas procedentes de todos os territorios celtas, dende Escocia, Irlanda, Cornualles, Gales, Bretaña, Illa de Man e Asturias ata Galicia.

Máis información: