- Título/temática: Os gorrións perseguirán aos falcóns
- Artista: Mou Mutante
- Ubicación: https://maps.app.goo.gl/LmJ3KZstBnZS7NQ27
Moeche e as Revoltas Irmandiñas están intimamente ligados, e como non podía ser doutra forma, tamén o están ó Xeoparque. Nunha das parades do pavillón municipal, Mou Mutante e Sokram ilustras este acontecemento chave de mediados do século XV, sendo unha das primeiras revoltas sociais de toda Europa.
“Os gorrións perseguirán os falcóns”.
Esta coñecida frase histórica serve como metáfora gráfica do sentido da Revolta Irmandiña, así consta na declaración de testigos visuais na zona de Betanzos no ano 1467, os que afirman e describen a escena da “Irmandade” perseguindo e expulsando aos nobres e cabaleiros facéndoos fuxir do Reino, convertendo esta frase no seu estandarte. A imaxe preséntanos a un grupo de “Pardais” portando fachos e en emboscada ameazante ante un gran “Falcón” que intenta defenderse, representando xusto o momento de máxima tensión de dito enfrontamento.
Para reducir e suavizar a connotación cruenta e dura da revolta recórrese á fórmula da “fábula”, personificando e representando a escena nos citados animais. As cores cálidas do grupo de gorrións reforzan a idea da paixón e a coraxe da sublevación (envoltos en chamas que dotan de dinamismo á escena), que contrastan coas cores frías que representan a frialdade da nobreza da época.
Máis información: