- Título/temática: A Fraga dos Casás
- Artista: Íria Fafián
- Ubicación: https://maps.app.goo.gl/1K5BcL14H8Zx6cai6
Nesta escola da Barqueira atópase un pequeno recuncho moi especial. O reflexo dun lugar extraordinario como moi poucos, e que podemos desfrutar aquí mesmo. Aquí tes unha ventá á Fraga dos Casás, un bosque atlántico en moi bo estado de conservación onde poderás descubrir unha gran cantidade de especies arbóreas e vexetación que medran a carón do río Mera. Tamén aquí habita fauna local variada, que as veces se deixa ver entre a natureza, especialmente paxaros, que poderás escoitar ao teu paso.
Entre os animais que podes ver na fraga está o teixugo; un pequeno mamífero que aparece normalmente na noite e ao que lle gustan moito o mel e as abellas. A este pequeno habitante da fraga gústalle observar a súa contorna e descubrir novas especies de flores e árbores. Sabe da importancia que ten a biodiversidade do seu fogar, por iso presta atención e ten moito coidado de non estragar as especies que atopa ao seu paso. Por iso, cando visites a Fraga dos Casás, lembra a importancia de conservar e protexer a riqueza natural deste espazo, que serve de fogar de moitos seres vivos.
Iria Fafián foi a encargada de abrir esta pequena xanela á contorna única da Fraga dos Casás para presentarnos a un dos habitantes deste lugar: o teixugo. A través deste personaxe podemos descubrir a riqueza natural deste territorio, fogar de moitas especies autóctonas. Este bosque virxe é dos poucos do territorio que se atopa en bo estado de conservación, por iso é tan importante o seu coidado e protección. Este pequeno recuncho da fraga cubre unha das paredes laterais da escola municipal da Barqueira, onde nenos e nenas cada día poden achegarse ao patrimonio natural deste territorio.
Máis información:
https://shop.iriafafian.com/
https://www.instagram.com/iriafafian/