- Título/temática: Moito máis que unha paisaxe
- Artista: Nove Noel
- Ubicación: https://maps.app.goo.gl/iccbE1UoaXEyR6iN9
Ante ti está representada unha zona moi especial deste territorio, a Serra da Capelada. Dende aquí podes apreciar a inmensidade do océano e admirar a fortuna desta terra que parece rozar o ceo. Neste enclave concéntranse unha gran variedade de actividades que dinamizan o territorio e conforman a súa identidade.
Unha das estampas máis características é a do gando pastando en liberdade polos montes comunais da serra. Aquí a gandaría ten gran relevancia, non só a nivel económico, se non a nivel social e ambiental. Representa así un oficio e unha tradición que se reflicte, en parte, a través da tradicional Rapa das bestas que se celebra cada ano e reúne a moita xente afeccionada. O gando que aquí habita cumpre unha importante función, mantén limpos os terreos nos que pastan, favorecendo o coidado do medio e a prevención de incendios. Esta actividade é un bo exemplo de xestión e sostibilidade, xa que garante o benestar destas especies e a calidade dos seus produtos.
A Serra da Capelada é ademais un espazo no que se levan a cabo diversidade de actividades de turismo activo, moi importantes para o desenvolvemento local, económico e turístico do territorio. Nos últimos anos estas actividades foron adquirindo maior transcendencia, emerxendo así novos negocios locais. Neste sentido, no ano 2022 inaugurouse a Senda do Santo, a primeira vía ferrata de Galicia que se pode desfrutar neste enclave.
A través do traballo do artista Nove Noel, podemos ver o percorrido de dúas personaxes principais que se cruzan na súa historia nalgún punto da Serra da Capelada. Dúas personaxes de dous mundos diferentes que conflúen no seu camiño, no que van deixando atrás o relevo, plantas con poderes únicos, tradicións, espiritualidade e lendas, deixando entrever moito máis que unha paisaxe.
Máis información:
https://novenoel.com/
https://www.instagram.com/novenoel/
https://www.facebook.com/novenoel.9/