Logo Xeoparque Unesco

Mural Cariño

 

No exterior da nave do mercado municipal de Cariño atopamos este mural con vistas ao mar, como non podía ser doutra forma. A artista local Carmen Rodríguez plasma aquí a característica paisaxe deste pobo mariñeiro, con elementos típicos dos oficios do mar, iluminados polo faro de Cabo Ortegal ao fondo. Nesta segura enseada, protexida polo espigón, podemos ver as instalacións portuarias, albergando un dos portos pesqueiros máis importantes de toda esta zona.

Cariño foi nas súas orixes un pobo principalmente mariñeiro, con unha costa excepcionalmente virxe e produtiva. Nace o redor das fábricas de salgadura de peixe a finais do século XVIII e que terán o seu momento álxido nos séculos XIX e XX.

As personaxes aquí representadas renden homenaxe as peixeiras e peixeiros, pescadores e pescadoras, e por suposto as características redeiras famosas neste lugar. Este oficio, maioritariamente levado a cabo por mulleres, garante que as redes de pesca estean en boas condicións, polo que este traballo é fundamental para o mundo do mar.  Existen actualmente en Galicia 8 asociacións que agrupan a máis de un cento de redeiras, estando unha delas aquí mesmo.

Máis información:

https://www.behance.net/carpetaink
https://www.instagram.com/carpetaink/

 

Sitio implementado por GNOMIOAviso LegalPolítica de Cookies