Turismo cultural

OCÉANO SURF MUSEO

O Océano Surf Museo é un museo dedicado ao surf, que engloba contidos singulares e únicos sobre o seu desenvolvemento en España e en Galicia. Está promovido polo Concello de Valdoviño coa participación de diferentes escolas de surf locais: Alawa Surfcamp, Pantín Surfcamp, Valdo surf school e Santiago de Pantín surf school. Conta, ademais, coa colaboración do Océano surf club, club de surf decano en Galicia.

A exposición está formada por diferentes contidos permanentes e ten ademais unha programación complementaria de exposicións e actividades temporais.

“Surf” é un termo que procede do inglés e que define a acción de deslizarse sobre unha onda simplemente co propio corpo, coa axuda dunha táboa, ou de outro artefacto. Moitos o describiron tamén como un “estilo de vida”, unha actividade que se cre comezou a súa traxectoria hai 3.000 anos, e que, na década dos 60 do século XX, converteuse nunha complexa subcultura caracterizada pola paixón dos seus practicantes polo océano e a praia.

Os historiadores, de modo maioritario, estableceron que ou surf naceu nas illas do Pacífico Sur, na Micronesia. Existen con todo teorías alternativas que sitúan a súa orixe no norte de Perú, sobre o ano 1000 a.C. Atopáronse tamén referencias arcaicas á acción de deslizarse impulsados por unha onda en China (século XIII) e África Occidental (século XVII), aínda que ditas prácticas, do mesmo xeito que no caso peruano, non tiveron o alcance social e cultural do “surf” xurdido na Polinesia.

MUSEO MARES DE CEDEIRA

O Museo Mares de Cedeira nace para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial mariñeiro. Un museo para ensinarlle aos mozos como traballaban os seus antepasados e para que non esquezan de onde veñen. Un museo para ensinar aos nosos visitantes a nosa historia, a nosa maneira de entender a vida. Un museo para homenaxear aos homes e mulleres de Cedeira, os que con case nada foron capaces de facelo todo.

O Museo Mares de Cedeira é un proxecto colectivo ao que a Asociación Mares de Cedeira lle deu púo. Contou coa colaboración do Concello de Cedeira e da Cofraría de Pescadores de Cedeira para embarcarse neste proxecto.

Centro de Interpretación das Revoltas Irmadiñas do Castelo de Moeche

O Castelo de Moeche está situado sobre un enclave de extraordinaria importancia na historia de Galicia. As escavacións do lugar revelaron un rico pasado no que se solapan diferentes reconstrucións froito das loitas entre os señores e os asaltantes irmandiños.

Centro de Interpretación do Castelo da Concepción. Punta Sarridal - Cedeira

A guerra con Inglaterra propiciou a construción deste belo castelo con achega económica da coroa e o xeneroso esforzo da man de obra local. O Castelo da Concepción alberga no seu interior un coqueto museo onde se exhiben diversas pezas que mostran a rica historia local.

Unha viaxe ao interior da Terra

Síguenos nas redes!

© Asociación para a xestión do Xeoparque de Cabo Ortegal – Sitio implementado por GNOMIO – Aviso Legal – Protección de Datos