A cultura do surf está moi arraigada na zona do Xeoparque do Cabo Ortegal. Para practicar este deporte non podes perder a praia de Pantín, coñecida como a factoría das ondas, en Valdoviño. No verán celébrase alí ano tras ano o Pantín Classic Pro, onde compiten profesionais de todo o mundo. Recomendámosche tamén visitar o Océano Surf Museo en Valdoviño, se ademais de dedicarte a este deporte queres saber máis sobre a súa historia.
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut aliquet ultrices libero quis rutrum. Nulla placerat, quam vel fermentum commodo, velit urna congue risus, sed posuere odio leo nec libero. Aenean vel velit non turpis tempus rutrum. Vivamus elit elit, finibus id ipsum id, tristique faucibus augue. Nulla viverra sapien vel ex mollis, sed fringilla tellus congue. Donec sollicitudin neque tortor, id feugiat augue pretium id. Sed imperdiet quam ut est tempus pellentesque.
Unha maneira de gozar das contornas naturais do Xeoparque de Ortegal, podendo percorrer grandes distancias de maneira medioambientalmente sostible e moi recomendable, é recorrendo ás roteiros BTT que podes atopar en webs como a de Wikiloc.
O roteiro dos Aguillóns, o de Ortigueira a cabo Ortegal, ou, se che gusta a aventura, o percorrido do litoral cantábrico por etapas, son algúns dos percorridos máis populares.
As vías ferratas son uns roteiros deseñados para escalar unha montaña e chegar facilmente a lugares nos que sería necesario o uso de técnicas de escalada a base de apoios de metal, tirolesas, presas… Trátase de itinerarios equipados con material que permite chegar con seguridade a zonas de difícil acceso con maior facilidade e seguridade. A Vía Ferrata atópase na Serra da Capelada (Cedeira). Desde ela pódese observar parte da paisaxe característica dos cantís atlánticos dentro do denominado Complexo Xeolóxico Cabo Ortegal. Hai que cumprir unha serie de requisitos para poder acceder a ela.