Roteiros de 1 día

Praesent id accumsan metus

Roteiro dos miradoiros

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nunc auctor, mi euismod imperdiet tristique, erat magna pretium leo, id maximus odio libero nec lorem.

Descrición

O Roteiro dos Miradoiros é un itinerario de 25 km de longo que sae de Cariño e acaba en Cedeira, ou viceversa. Percorre toda a Serra da Capelada, visitando a maioría dos seus miradoiros, entre eles, o Faro de Cabo Ortegal, o miradoiro do Limo, o miradoiro da Miranda, o miradoiro de Vixía de Herbeira, o miradoiro do Cruceiro… entre outros, así como a aldea de Sto. André de Teixido, onde se sitúa o famoso Santuario ao que “vai de morto ou que non foi de vivo”, fin do Camiño dos Romeiros e lugar moi coñecido en Galicia. 

Acceso: En coche, autobús ou autocaravana, desde Cariño, dirección Cabo Ortegal, despois de volver do faro, desvío á dereita sinalizado como “Miradoiros da Capelada”. A continuación segue as indicacións “Vixía de Herbeira / Sto. André de Teixido” pola estrada DP2205 , despois dirección Cedeira. Ao miradoiro da Miranda non hai acceso en autobús ou autocaravana.

Recomendacións: Procura realizar o roteiro en días despexados e sen néboa, aproveitarás mellor a visita. É recomendable levar roupa de abrigo para visitar as zonas altas.

Mapa do percorrido

Galería de imaxes

Comparte o roteiro

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Unha viaxe ao interior da Terra

Síguenos nas redes!

© Asociación para a xestión do Xeoparque de Cabo Ortegal – Sitio implementado por GNOMIO – Aviso Legal – Protección de Datos