Roteiros de 1 día

Praesent id accumsan metus

Miradoiro da Malveira – Vixía da Herbeira

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nunc auctor, mi euismod imperdiet tristique, erat magna pretium leo, id maximus odio libero nec lorem.

Descrición

Roteiro lineal de dificultade media-alta, de 3 horas de duración (só ida) que atravesa a Serra da Capelada desde o miradoiro da Malveira (acceso a Cabo Ortegal) e finalizando ou ben no miradoiro de Vixía de Herbeira ou ben no miradoiro da Miranda. Atravesa o Monte Faroleiro (334 m.) e pasa por detrás da aldea da Vacariza. Ao final do camiño de terra hai que virar cara á dereita coa ría a man esquerda e pasaremos polos miradoiros do Limo (380m) e de Lodeiro (390m), con vistas cara á Ría de Cariño-Ortigueira. A continuación atoparemos á dereita a zona da Fornela con vistas do Océno Atlántico e dos impresionantes Cantís de O Cadro, os máis escarpados da zona. Ao final chegaremos a un desvío para subir, ou ben á cima do Monte da Miranda (493m) con fantásticas vistas panorámicas da Ría ou ben ao miradoiro de Vixía de Herbeira (613m) con vistas da zona de cantil máis elevada. Existe a posibilidade de continuar desde Vixía de Herbeira ata Sto. André de Teixido. Entronca co roteiro Faro Cabo Ortegal a Punta do Limo á altura do miradoiro da Malveira (acceso a Cabo Ortegal).

Mapa do percorrido

Galería de imaxes

Comparte o roteiro

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Unha viaxe ao interior da Terra

Síguenos nas redes!

© Asociación para a xestión do Xeoparque de Cabo Ortegal – Sitio implementado por GNOMIO – Aviso Legal – Protección de Datos