Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nunc auctor, mi euismod imperdiet tristique, erat magna pretium leo, id maximus odio libero nec lorem.
Sitúanse en plena serra da Capelada sendo coas súas 600 m s.n.m., os máis altos de Europa continental. No máis alto (613 m s.n.m.) sitúase a Vixía de Herbeira, en cuxo miradoiro atopamos unha garita construída en 1805 que xunto con outras, formaba parte dun sistema de vixilancia da costa. Os cantís de Herbeira están incluídos na Rede Natura, sendo zona de paso de aves migratorias.
Acceso: P3F3+CP
Estacionamiento: Existe un amplo aparacadoiro.
Na súa parte máis baixa, preto da aldea de Teixidelo, atópase unha das poucas praias de area negra non volcánica que existe no mundo, que debe a súa cor ás rochas ultramáficas das que procede. O roteiro ten unha dificultade alta debido, principalmente, á forte pendente (https://rutasgeologicasdegalicia.blogspot.com/2017/04/rutas-geologicas-en-cedeira.html).
Acceso: P2CP+MV
Estacionamento: Hai un pequeno lugar para estacionar ao pé do cruceiro.