Imprescindible é un adxectivo que define toda a comarca deste Xeoparque. Poucos territorios litorais ibéricos albergan un patrimonio natural, construído e inmaterial tan variado, propio, característico e inconfundible como este. Pero como en todo conxunto á vez harmónico e diverso, destacan tamén aquí varios valores que contribúen de maneira máis especial a configurar o carácter exclusivo deste extremo noroeste de Galicia e de España. Cando veñas de visita por aquí, non deixes de achegarche a todos eles: son a mellor maneira de comezar a comprender canto define a singularidade e a heteroxeneidade deste amplo territorio. E de continuar logo coa túa exploración cara a outros moitos dos seus recunchos.