Serra do Forgoselo
No extremo sur do proxecto do Xeoparque atópase esta serra que alberga rochas graníticas, moi habituais en Galicia pero escasas neste territorio. O máis característico, a súa paisaxe chea de bolos -rochas de grande tamaño e feitura máis ou menos esférica-, que son sen dúbida o seu selo de identidade. Durante a erosión dos granitos tamén […]
Río Mera-Fraga dos Casás
Na contorna da coñecida Fraga dos Casás se atopan varios afloramentos de rochas negras e verdosas, especialmente nos Cotos da Pena, O Covelo, Casanova e Ermo. Todos eles interprétanse como os restos dun antigo océano -o océano Rheico– que existiu hai máis de 400 millóns de anos e que posteriormente, hai arredor de 350 m.a., desaparecería como consecuencia do grande choque […]
Canteiras de Toelo
Toelo, pedra de Moeche ou serpentina son as distintas maneiras que ten a poboación local de chamar a unha rocha gris verdosa que aparece na contorna de Moeche, San Sadurniño e Cerdido. En orixe estas rochas estaban no Manto terrestre, situado a máis de 70 km de profundidade. Para coñecer un pouco máis sobre esta […]
Minas de cobre
Dende finais do século XIX sábese da presenza de cobre nos montes de Moeche e Cerdido, un aproveitamento mineiro que non pasou desapercibido para economía local ata mediados do século XX, cando se produciu o peche definitivo das minas. Hoxe en día quedan espalladas por estes dous concellos diferentes manifestacións da intensa actividade mineira, en forma […]
Ría de Cedeira
A de Cedeira é unha das dúas rías que hai neste territorio. A pesar do seu pequeno tamaño ten dúas entradas separadas pola punta Robaleira, ao Norte a que lle dá abrigo ao porto de Cedeira e de claro dominio mariño, mentres que ao Sur se atopa a enseada de Vilarrube, que en baixamar ten un evidente […]
Ría de Ortigueira
Esta é unha das dúas rías que se atopan dentro do proxecto do Xeoparque. É ademais a primeira do Mar Cantábrico, aínda que durante a baixamar ten unha forte incluencia fluvial. Nese momento é cando mellor se poden ver as canles intermareais, as barras areosas, as chairas de mareas ou o tómbolo da Illa de […]
Val do río Xubia
O río Xubia, que deu orixe á ría de Ferrol, presenta un val fluvial bastante aberto no seu treito final. Isto débese en grande medida á presenza unha salientable estrutura xeolóxica, a falla de As Pontes Pedroso, que facilitou a erosión de todas aquelas rochas por onde pasa. Esta hipótese vese xustificada cando o río Xubia atravesa […]
Litoral de Valdoviño
No extremo máis occidental do proxecto do Xeoparque atópase a praia de Campelo, un bo lugar para ollar a falla de As Pontes-Pedroso, que estivo activa ata hai menos de 20 millóns de anos. Ao carón desta praia levántase o Monte de Campelo, fermosa atalaia natural formada por rochas graníticas, dende a que pode ollarse o val […]
Costa de Loiba
Este sector, onde se atopa o famoso banco, caracterízase por amosar un bo número de formas litorais moi vistosas, como son os arcos rochosos da Pena Furada e do Coitelo, ou os tómbolos das praias da Ribeira do Carro e da Fábrega. Nesta última praia son salientables os vestixios dun antigo vulcanismo submariño moi explosivo e violento, semellante ao […]
Cantís da serra da Capelada
Esta é a zona máis estudada e tamén coñecida do territorio do proxecto, tanto polo mundo científico como polo turismo. Neste sector costeiro atopamos os cantís máis altos da Europa Continental, con 615 metros de altitud en Vixía Herbeira. De menor elevación pero máis verticais destacan os do Limo. As rochas que os constitúen, peridotitas e piroxenitas, son moi pouco […]