Praia e lagoa da Frouxeira (Valdoviño)

É un dos humidais de maior valor ornitolóxico do norte de Galicia, sendo Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA – Rede Natura 2000). Crían aquí, invernan ou descansan durante as súas longas viaxes infinidade de especies de aves. Iso fai das súas beiras un dos lugares máis visitados de Galicia polas persoas afeccionadas […]

Océano Surf (Valdoviño)

O Océano Surf Museo é o primeiro museo de España adicado a este deporte. Só podía estar aquí, nun dos lugares coas ondas máis atractivas do país. Está Promovido polo Concello de Valdoviño coa participación de diferentes escolas de surf locais, e inclúe numerosos contidos singulares e únicos sobre os 3000 anos de historia deste […]

Castelo de Naraío e ribeira do Río Castro (San Sadurniño)

Este impresionante castelo medieval remóntase polo menos ao s.XIV (aínda que podería datar do século XII segundo recentes investigacións) vinculado á casa dos Andrade, a familia feudal desta bisbarra, levántase sobre unha rocha a 400 m de altitude, nas inmediacións do río Castro, aproveitando estes dous recursos como defensas naturais. Declarado Ben de Interese Cultural, […]

Paseo Fluvial (San Sadurniño)

As beiras do río Xubia, calificadas como Zona de Especial Conservación polo programa Red Natura 2000, acompañan este cómodo paseo fluvial, apto para toda a familia e ideal para coñecer a flora máis característica dos vales deste territorio. Polo camino, sempre xunto ao río, atoparás o Arboreto Galego da Cortiña, con varias esculturas de madeira […]

Castelo de Moeche

Esta fortaleza do século XIV, excepcionalmente conservada, foi testemuña de sublevacións, incendios e traballos forzados. Durante un tempo funcionou como cárcere, mais hoxe alberga o Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas, recentemente reformado e con multitude de paneis e información en varios idiomas sobre este movemento de trascendental historia para o territorio, ofrecendo en perídos […]

Fraga dos Casás (Cerdido)

Este valiosísimo bosque atlántico, un dos poucos que aínda perviven en Europa, no val do río Mera é un dos grandes tesoros botánicos deste territorio, e merece todo o noso respeto durante o paseo. Conta con varios roteiros de sendeirismo por entre as súas constantes sombras vexetais, nas que viven infinidade de aves forestais, numerosas […]

Banco de Loiba e a súa costa (Ortigueira)

A súa fama como o banco máis bonito do mundo é merecida, debido ás espectaculares vistas sobre os cantís e toda a súa costa. Sobre o miradoiro do Coitelo, podemos observar unha costa agreste, que ao longo dos anos veu por crear as famosas furnas. Toda a costa de Loiba é dunha beleza incomparable, con […]

Centro histórico de Santa Marta de Ortigueira

De grande interese arquitectónico, o casco histórico alberga edificacións de grande importancia como o Teatro da Beneficiencia do século XIX, a igrexa conventual e convento Dominico construido no s.XIV e o fermoso antigo mercado de mediados do s.XX. Destacar tamén o barrio do Ponto e a rúa Real, con fachadas modernistas. Camiñando cara ao cúmio […]

Museo Mares de Cedeira

Inaugurado en 2016, está adicado á historia de Cedeira como comunidade mariñeira. Conta cunha Sala de Embarcacións cunha colección de maquetas de barcos; unha Sala de artes de pesca, navegación e fábricas de salgadura; unha sala con fósiles mariños que apareceron nas redes dos barcos da Vila ou a cabeza dun megalodón, e mesmo documentos […]

Garita de Herbeira (Cedeira)

Estamos ante un dos lugares máis espectaculares do Xeoparque, sobre os cantís máis elevados da Europa continental. Construída en 1805 para a vixilancia costeira e restaurada en 2004, segue a ofrecernos unha das vistas máis inesquecibles do territorio. Ós seus pés, os cantís de Herbeira, cunha elevación de aproximadamente de 620 metros sobre o nivel […]