Mural Valdoviño

Título/temática: A ollo de parrulo Artista: Doctor Toy Ubicación: https://maps.app.goo.gl/YS274pzESZJgApit9   Este é un punto do territorio cunha costa prodixiosa: os seus cantís, a inmensidade da praia, o sistema dunar, o esteiro e a súa espectacular lagoa dan forma a unha parte importante deste litoral. Ademais da súa beleza paisaxística, estes elementos naturais teñen unha […]

Mural San Sadurniño

Título/temática: No curso do río Castro Artista: Miguel Peralta Ubicación: https://maps.app.goo.gl/m4CovHW9F2YFX4cz6   Son moitos os elementos que fan dun lugar un espazo único, definen a súa paisaxe e outorgan unha identidade singular. Elementos que marcan a súa historia, a súa cultura, a súa actividade e a súa propia memoria. Pequenos detalles ou grandes construcións que […]

Mural Cerdido

Título/temática: A Fraga dos Casás Artista: Íria Fafián Ubicación: https://maps.app.goo.gl/1K5BcL14H8Zx6cai6   Nesta escola da Barqueira atópase un pequeno recuncho moi especial. O reflexo dun lugar extraordinario como moi poucos, e que podemos desfrutar aquí mesmo. Aquí tes unha ventá á Fraga dos Casás, un bosque atlántico en moi bo estado de conservación onde poderás descubrir […]

Mural Cedeira

Título/temática: Moito máis que unha paisaxe Artista: Nove Noel Ubicación: https://maps.app.goo.gl/iccbE1UoaXEyR6iN9   Ante ti está representada unha zona moi especial deste territorio, a Serra da Capelada. Dende aquí podes apreciar a inmensidade do océano e admirar a fortuna desta terra que parece rozar o ceo. Neste enclave concéntranse unha gran variedade de actividades que dinamizan […]

Presentación do proxecto educativo do Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal

O 5 de decembro tivo lugar un acto de presentación no CEIP A Barqueira (Cerdido) das unidades didácticas do Xeoparque Cabo Ortegal, proxecto financiado pola Deputación da Coruña. A este acto acudiron representantes dos 7 concellos do Xeoparque, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia. A educación e a formación científica son dous […]

Xeorruta dos Cantís

Grazas á colaboración co Concello de Cedeira, nesta ruta contemplaranse unhas impresionantes vistas panorámicas da Serra da Capelada, descubrindo así unha salientable estrutura xeolóxica de máis de 400 m de altitude. Do mesmo xeito poderanse tocar rochas que hai millóns de anos se atopaban a 70 km de profundidade, algo que podemos experimentar aquí en […]

Xeorruta dos Penidos

En colaboración co Concello de Ortigueira, nesta ruta na Serra da Capelada atopamos o maior afloramento de ecloxitas de todo o noso planeta, unhas rochas de récord que se orixinaron a máis de 100 quilómetros de profundidade, onde a presión é moi alta e iso permite que se formen os diamantes. Pero tamén visitarase o […]

Xeorruta dos Aguillóns

Nesta xeorruta, posible grazas á colaboración co Concello de Cariño, coñecerase de primeira man a maior concentración de ecloxitas de todo o planeta. Unhas rochas moi singulares, formadas a moitos quilómetros de profundidade. Pero tamén haberá tempo para descubrir as formacións xeolóxicas que aparecen en San Xiao do Trebo, orixinadas neste caso pola fusión de […]

Xeorruta das Pías

Este percorrido xeolóxico discorre por dúas zonas, na contorna do Castelo de Naraío e na parte alta da Serra do Forgoselo, e é posible grazas á colaboración co Concello de San Sadurniño. Na primeira visitarase o val estrutural do Río Castro onde se pode ollar o contacto de rochas graníticas con antigos sedimentos, agora transformados […]

Xeorruta do Arsénico

A costa de Meirás está chea de tesouros xeolóxicos, e os coñeceremos coa colaboración do Concello de Valdoviño: por exemplo, as dunas remontantes a carón do Faro de Punta Frouxeira, ou as rochas subvolcánicas na zona do Porto, onde ademais é posible ollar os vestixos da intensa actividade mineira que tivo lugar nesta zona a […]